NOVO CURSO, NOVA ANDAINA, NOVA BIBLIOTECA
Comezamos un novo curso, iniciamos unha nova andaina, estreamos una nova biblioteca. Pero por riba de todo iso existe algo moito más prezado: @s que dan vida ao ensino, en xeral e as bibliotecas, en particular. Por iso no acto de acollida do alumnado de 1º da ESO, celebrado o pasado mércores, unha vella maleta pechada agardaba por todos os asistentes, dentro dela agochábase algo moi valioso, persoal e intransferible: ao abrila un espello reflectía o rostro de cadaquén; quixemos así salientar que para percorrer con éxito as xeografías lectoras de calquera biblioteca, tamén da nosa, hai alguén insustituíbel: @s usuari@s aos que nos debemos e que como dicía Quintiliano, referíndose aos nenos, merecen o noso máximo respecto e consideración.
E despois da acollida dos usuarios cómpre ir vestindo os espidos andeis: é tempo de transporte, selección e ordenación de fondos.
Coa axuda de todos, confiamos estar operativos en breve.
Mentres pedimos desculpas polas molestias que, de xeito inevitable, estamos a causar.