Con Rosalía no Día da Lingua Materna
- Varios |
- lingua_materna |
- poesía |
- Rosalía
Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.
Mimosa, soave,
sentida, queixosa;
encanta si ríe,
conmove si chora.
Cal ela, ningunha
tan doce que cante
soidades amargas,
sospiros amantes,
misterios da tarde,
murmuxos da noite:
Cantarte hei, Galicia,
na beira das fontes.
Que así mo pediron,
que así mo mandaron,
que cante e que cante
na lengua que eu falo.
Que así mo mandaron,
que así mo dixeron...
(Cantares Gallegos)