Skip to Content

De amoribus (XI) OSCAR WILDE

OSCAR WILDE

  Naceu en Dublín en 1854 (daquela todavía non se separara a Irlanda Católica de Gran Bretaña) e morreu en Paris en 1900. É considerado un dos máis notables narradores, poetas  e, sobre todo, dramaturgo da última etapa da Inglaterra Victoriana.  A súa personalidade brillante,  o seu agudo e pouco convencional inxenio e  unha persoanalidade extrovertida o convertiron nunha celebridade no Londres da época.


 wilde Foi fillo de intelectuais, o pai foi cirurxián e arqueólogo e a súa nai poeta e nacionalista. Combinou os seus estudos universitarios (Trinity College de Dublín, Magdalen College de Oxford…) con viaxes , estando en Italia, Grecia, Francia e Estados Unidos. Pronto se convertiu nun autor de éxito, por mor do seu inxenio punzante  co que fustigaba as hipocrisías dos seus contemporáneos. En 1884 casou con Constance Lloyd, que lle deu dous fillos que rexeitarían o apelido paterno despois dos acontecementos de 1895.


 A súa homosexualidade estará latente nalgunhas das súas obras, especialmente no Retrato de Dorian Gray onde moitas pasaxes tiveron que ser censuradas polo seu contido abertamente homosexual, algo que na Inglaterra victoriana era motivo de escándalo e de castigo.


  O seu éxito viuse truncado en 1895, cando o marqués de Queenberry  incia unha campaña de difamación  acusandoo de corromper ao seu fillo, lord Alfred Douglas “Bosi”. A denuncia causou un gran escándalo, sendo xulgado e castigado a dous anos de traballos forzados. Desta época é a súa aclamada obra  Balada do cárcere e De profundis, obra na que Wilde describe o que sentía por Douglas. Despois disto, foi repudiado pola sociedade inglesa e pola súa propia familia. Recobrada a liberdade volveu a reunirse con Alfred en Nápoles, onde conviviron durante uns meses. A falta de fondos e as desavinzas entre eles puxeron fin a esta relación. Oscar Wilde  cambiou de nome e apelido (adoptou o de Sebastian Melmoth) e marchou para París. Os seus últimos anos de vida estiveron caracterizados pola penuria económica, a bebida e os problemas de saúde. Morreu solo, pobre e despreciado a idade de 46 anos. Co paso do tempo a súa figura volvería a ser rehabilitada, convertíndose nun dos autores contemporáneos máis coñecidos de fala inglesa  sendo a súa obra traducida a case todas as linguas.

https://www.biografiasyvidas.com/biografia/w/wilde.htm

https://www.muyhistoria.es/contemporanea/articulo/el-final-de-oscar-wilde-651480325157

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 23:00


page | by Dr. Radut