Conmemoración 24 novembro
Neste frío e solleiro último mércores de novembro lembramos a lacra da violencia machista. No primeiro recreo a música e a danza tomaron a entrada do instituto. De fondo os paneis cos haikus e as 77 vítimas mortais do que vai de ano. Iria, de 3º C, protagonizou a danza mentres alumnado de distintos cursos ocupouse do acompañamento musical.
E pasaban poucos minutos do mediodía cando diante da fachada principal do centro escenificamos a traxedia das vítimas do machismo rampante. Mes a mes, ían caíndo, sen présa e sen pausa mentres a fera machista campaba ás súas anchas ata que, acurralada, sucumbe. Cando no mundo real este final será posíbel?
Parabéns por este acto e moitas grazas a tod@s!
Cartel feito por Shelma e Assia
Nube de palabras feita por André e David
1ºESO C