Xuño 2017
- Poesía do Mes |
- lara_rozados |
- poesía |
- suxestións |
- xuño
Birama | |
Birama ten máis de 40 anos, pero el ponse menos. Veu de Palmarin (Senegal). Nos invernos vai a Francia. No verán queda no Sur, a recoller oliva ou amorodo. Aquí veu probar sorte. Nun bar do Franco traballa 14 horas diarias, os 30 días do mes. Sen contrato, claro. Cortando árbores (desta si, con contrato) fixo un corte nun brazo e botou un mes de baixa, mentres cicatrizaba. Xusto o día que lle deron o emprego morreulle o pai. Non puido volver alá. Lara Rozados (Poio, 1982), O caderno amarelo (2014) |