Xaneiro 2014
A noite d´O Risón |
|
Novela ambientada nunha vila da ría de Ribadeo. Terror nunha inesquecible noite de treboada similar ás que soportamos nestes días; uns mariñeiros en terra por mor do mal tempo e outras personaxes misteriosas contan, no bar O Risón, historias sobre tormentas, naufraxios e mortos (dúas mostras: un mariñeiro decide amputarse un dedo para fuxir das voces de ultratumba, outro naufraga nun barco aos pés dun faro enchendo de ratas a costa... ) Unha mestura de lembranzas de mariñeiros e non mariñeiros chea de imaxinación e misterio.
|
|
"Non quedou nada dos libros de filosofías esotéricas de Elixio do Barbés, nin na sala do piso central nin no dormitorio. Nada. Devoraron todo o que atoparon polo camiño, deixando atrás delas un rastro de destrución furibunda. Eu visitei o faro e non conto o que vin xusto alí, ou o que lin no caderno que debeu de gardar na caixa de ferro xusto a tempo. Aquela turba rateira era coma un animal de dez mil fauces e unha única vontade. |