Xa se poden recoller os títulos coas taxas pagadas no ano 2015
Xa están dispoñibles na Secretaría do centro, para a súa retirada, os títulos pagados (con independencia de cando se finalizaron os estudos) en 2015 e outros anos anteriores.
Cando cheguen novos títulos, publicarase nesta web e comunicaráselle ao alumnado solicitante por correo postal.
A persoa interesada pode pasar a retirar o seu título provista do D.N.I.
No caso de non poder facelo persoalmente, pode autorizar a outra persoa, que deberá exhibir:
- o seu D.N.I.,
- un escrito de autorización, onde debe figurar o nome e apelidos da persoa autorizada xunto co seu número de D.N.I. e deberá presentarse, inescusablemente, asinada pola persoa que autoriza.
- unha fotocopia do D.N.I. do alumno/a que autoriza a retirar o seu título.
O horario de atención da Secretaría deste centro é de Luns a Venres de 9 a 14 horas.