Excursión á Ópera - A Coruña

O venres, 2 de decembro,  alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC desprazouse á cidade de A Coruña para asistir ao concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, El Mesías de Haendel, un dos oratorios máis famosos da historia da música, que tivo lugar no Palacio da Ópera. Foi unha experiencia única grazas a que 370 cantantes pertencentes a agrupacións corales formaron parte deste concerto participativo desde as zonas de butacas, co cal os espectadores estaban rodeados de música.

Aproveitando a visita á dita cidade, foron pola mañá ao Museo de Belas Artes, admirando a  exposición de Sorolla, Bosquexos para a serie Visión de España, e visitando  a exposición permanente do museo.

Pola tarde, visitaron o Museo de Arte Contemporáneo, as obras da 14ª Mostra de Arte Gas Natural Fenosa, e a exposición de Juan Luis Moraza, Trabajo Absoluto.