Despedimos a Hannah Greider

Hannah Greider foi durante este curso escolar a nosa auxiliar de conversa en lingua inglesa. O pasado 29 de maio rematou a súa estadía no noso centro, en Galicia e en España. Voltou a Seattle, a súa cidade natal en EEUU, e o profesorado máis o alumnado dámoslle un sentidiño adeus agradecéndolle todo o traballo feito durante estes meses e a súa implicación para que aprendamos a expresarnos mellor en inglés.

Desexámoslle moita sorte no seu futuro e o IES Río Cabe espera poder seguir contando nos vindeiros cursos con auxiliares de conversa como Hannah.