Bacharelato semipresencial
Matrícula próximo curso 23/24:
O prazo de matrícula no bacharelato semipresencial para o curso 23/24 será do 23 de xuño ata o 7 de xullo. Abrirase un
prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 20 de setembro de 2023.
A continuación podedes descargar os impresos de matrícula e de protección da imaxe.
Unha vez cubertos entregaranse na secretaría, onde se lle fará unha copia, devolvéndolla co selo e a data de entrada.
Gardarase como xustificante da matrícula.
No momento da matrícula aboarase o seguro escolar e entregaranse: unha foto (dúas para alumnado novo), boletín de
cualificacións ou certificación académica (se se procede doutro centro educativo).