Coñecendo ao sétimo Conde de Lemos
O pasado xoves, arroupados pola escuridade, o alumnado de adultos encamiñouse hacia o Castelo de San Vicente para desfrutar dunha cita moi especial. Alí estábanos esperando Don Pedro Fernández de Castro, Andrade y Portugal , VII conde de Lemos, IV marqués de Sarria, VI conde de Villalba, V conde de Andrade e Grande de España.
Logo de facer as presentacións o ilustre monfortino contounos un poco da súa vida e da súa man visitamos algunhas estancias da que foi a súa residencia o Palacio Condal.
Para rematar acompañounos polo maxestuoso claustro do Mosteiro de San Vicente do Pino actualmente Parador de Monforte recordando numerosas anécdotas da súa intensa vida.
Agrademos á nosa profesora de Historia, Fina Vázquez, a idea e organización da visita e ao VII Conde de Lemos, Alfonso Rodríguez, a súa espléndida teatralización. Voltaremos!
Se queres ver máis fotos visita a nosa Galería.