Excursión a Santiago
O Equipo de Normalización Lingüística organizou unha excursión a Santiago de Compostela o 18 de decembro de 2008.
Estas son algunhas das impresións dos alumnos de 3º de ESO.
"Primeiro collemos o autobús ás 8:45 con rumbo a Santiago de Compostela. Chegamos a Santiago ás 10:00 e fomos camiñando ata a catedral. Unha vez alí un guía levounos ata un comedor e explicounos que os adornos ían diminuíndo de dereita a esquerda porque isto significaba onde se debía sentar a xente segundo a clase social á que pertencía. Despois fomos ata a tribuna que dá á catedra. Explicounos que dende que fora descuberta a tumba do Apóstolo Santiago chegaban peregrinos de todas as partes do mundo e que noutras épocas durmían alí, mesmo os reis. Logo subimos aos tellados e alí explicounos que a catedral tiña catro tipos de estilos: románico, gótico, barroco e renacentista. Nunha das torres están as campás que serven para anunciar a misa e as festas. Noutra non hai campás pero hai un tastarastá que se usaba en Semana Santa. Noutra había un reloxo cunha campá para dar as horas. Daquela o que indicaba a categoría social era a cheminea das casas, canto máis grande era máis alta era tamén a categoría social dos donos.
Unha das prazas máis famosas é a do Obradoiro e recibe ese nome porque alí estaba o gremio dos obradoiros. Tamén a praza das Praterías, chamada así porque alí estaba o gremio dos prateiros..
Nos tellados había un estraño lavadoiro cunha cruz, a Cruz dos Farrapos. O lavadoiro era un recipiente onde queimaban as roupas os peregrinos que eran porteadores de enfermedades e mal olor, iso era para eles un modo de purificación.
Despois da visita á catedral fomos ao Parlamento. No Parlamento asistimos a unha parte da sesión na cal trataban temas agrícolas. Logo fomos ver as salas de reunión de cada partido político, a biblioteca, unha exposición de pintura...
Logo da visita ao Parlamento, fomos á Area Central a comer. Tivemos unha hora libre para comer. De alí saímos para o Pazo de Oca.
No Pazo de Oca vimos os xardíns, un estanque, o paseo dos olmos... "
Ramón Losada Topacio
"O día 18 partimos cara a Santiago os meus compañeiros e eu coa miña profesora de Lingua Galega. Nada máis chegar á cidade, dirixímonos á catedral para facer unha visita guiada polas súas inmediacións, incluso polos tellados. O guía íanos indicando as principias características (materiais, estilos...).
A continuación tomamos rumbo ao Parlamento, cunha visita tamén guiada. Estivemos en varias cámaras e asistimos a un debate parlamentario moi interesante.
Seguidamente era o turno para comer.
Despois o noso rumbo tornou cara ao Pazo de Oca, un lugar que me resultou moi interesante onde puidemos ver ríos, árbores...
Finalmente, era a hora de volver para a casa. ¡Foi a mellor viaxe da miña vida!
Diego Pérez Rodríguez
Saímos á mañá cedo de Monforte. A viaxe no autobús foi divertida. Fomos falando e contando chistes.
Chegamos a Santiago e o primeiro que fixemos foi buscar a Catedral. Levaránnos á sala de ceremonias e estivemos falando das figuras que se formaban nos capiteis das columnas. Despois subimos e estivemos no lugar onde durmían antigamente os peregrinos que chegaban a Santiago. Ao redor hai coma un paseo que se fixo para que os peregrinos visen a catedral sen molestar á xente que asistía á misa. Os tellados gustáronme moito, pero ía moito frío. Estivemos falando das torres da catedral e tamén vimos o lugar no que os peregrinos queimaban as súas roupas vellas que levaran postas durante todo o camiño.
Despois fomos ao Parlamento. O primeiro foi pasar polo detector de metais. Estivemos no pleno que se estaba a celebrar. Escoitamos a dúas mulleres que falaban do sector leiteiro, das cuotas e de presupostos. Fomos á biblioteca, á que só ten acceso xente que traballa alí. Tamén vimos outras salas.
Collemos o autobús para ir ao centro comercial. Alí comemos. Logo volvemos ao autobús para dirixirnos ao Pazo de Oca. Todo era moi bonito, moi verde. Había un estanque cunha pequena barca. Dentro estaba un ganso e fóra outros. Brenda empezou a facerlle a "competencia", todos rimos.
Paseino moi ben. Oxalá que haxa máis excursións durante o curso.
Sandra Pérez Rodríguez
(....) Despois de ver os tellados da catedral, deixáronnos uns minutiños para andar por Santiago. Nese tempo fomos a unha pastalaría onde compramos uns croisants, moi ricos por certo. E despois démoslle unha moeda a un mimo. Fíxonos moita graza porque abriu a espada que tiña, e poñía: "GRAZAS".
No Parlamento estivemos nun debate sobre o leite. Logo ensináronnos as salas nas que se reúnen os partidos. Tamén vimos a biblioteca, que me pareceu moi grande.
No percorrido que fixemos polos xardíns do Pazo de Oca vimos un lago moi bonito, no que había parrulos e un ganso. O ganso estaba enriza dunha barca e estiven falando con el. Contoume unha anécdota moi interesante. Tamén me impresionaron as figuras de mirto, feitas a man.
No bus todos regresamos cansos, pero aínda así seguimos sacando fotos.
A ver, cando repetimos?
Brenda Cerviño Quiroga
Non vimos o interior do Pazo de Oca, pero o máis destacado son os seus inmensos e hermosos xardíns. Fomos percorrendo, xunto coas profesoras, e vendo fonte, un labirinto ao que non puidemos entrar. O que máis me gustou foi un lago cunha pasarela. Alí había uns gansos cos que unha compañeira mantivo unha longa conversa.
Alba Rodríguez Real.
A verdade é que creo que nesta excursión todos o pasamos moi pero que moi ben. Supoño que repetiremos, non?
Alba Seijas Lorenzo