Proxecto Comenius. Viaxe a Dinamarca
A viaxe a Dinamarca feita dende o 3 ao 7 de novembro foi unha boísima experiencia, tanto para os nosos alumnos, Sergio Pérez Carballo de 4º A, Daniel Rodríguez Sánchez, Javier Pombo Rodríguez e Roberto Rodríguez Regueiro, estes tres de 4º B, como para o resto de alumnado procedente dos distintos países e para o profesorado.
Os alumnos decidiron qué festividades, dos meses que van de xullo a decembro, van incluir no calendario impreso de festas europeas, tendo en conta o seu interese, orixinalidade, repercusión, orixe, etc.
Tamén se traballou no calendario dixital de festas europeas. Neste caso se incluirán todas as festividades de cada país. No que respecta a España, aparecerán as festividades galegas e as andaluzas, por estar traballando dous centros de estas dúas rexións no proxecto.
É de salientar a boa atitude dos nosos alumnos e o seu comportamento ideal durante toda a viaxe e estancia alí. As familias que os acolleron fixéronnos saber que foi moi grato telos como un membro máis da súa familia durante a semana, que se fixo moi curta, para uns e outros. Cando chegamos a Madrid, os rapaces dicían que se lles “ía a cabeza” ao inglés para pedir información no aeroporto, etc. Nos próximos meses iremos publicando nesta páxina información referida a festividades tanto propias como estranxeiras, en inglés e galego, como adianto ao que será o produto final que deberá estar impreso no mes de maio. Adxúntanse fotos correspondentes á viaxe.