Skip to Content

XIV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

A alumna de 1º ESO D, Carla Cabanas del Río, resultou gañadora de dous dos premios do concurso de fotografía organizado por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas), resolto o 30 de abril, nas seguintes categorías:

Os nosos parabéns a esta pequena grande artista!

SEMANA DE EXAMES PARA 2º DE BACHARELATO

A semana do 9 ao 13 de maio o alumnado de 2º de Bacharelato só terá que vir aos exames que lles correspondan, de acordo co seguinte calendario:

ESTREA DO ESCENARIO DAS MARIÑAS CO BALLET "ALICE"

     A semana pasada estivemos de estrea no IES Rego de Trabe. A biblioteca estreou o novo escenario con equipamento de luces, son e moitas posibilidades co espectáculo do ballet de Oleiros "Alice", dirixido polo bailarín Juan M. Hernández e un equipo de dez bailarinas na súa etapa final de formación. 
   O espectáculo, inspirado nas famosas obras "Alicia no País das Marabillas" e "Alicia a través do espello" e con música de Milladoiro,  sorprendeu positivamente ao noso alumnado de 1º de BAC e grupos de Música de 3º e 4º da ESO, que poucas veces asistiran ao ballet e descoñecían a actualidade e dinamismo que se poden atopar nestas representacións. 
     Houbo a posibilidade, ademais, de manter un coloquio co director e as bailarinas sobre a formación no ballet clásico, as súas esixencias e a montaxe de espectáculos deste estilo.
     Deixamos algunhas fotos á espera de que esta estrea sexa a primeira de moitos futuros espectáculos nos que poidamos acceder a manifestacións culturais e artísticas.
 
 
 

AXUDA PARA UCRAÍNA

Hoxe levouse a cabo o envío para a ONG AGA UCRAÍNA das axudas aportadas polas familias dos alumnos do IES Rego de Trabe.

Grazas a tod@s pola colaboración!!!!!!

ADDENDAS ÁS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DA ESO

De acordo coa Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, é necesario realizar modificacións sobre as programacións didácticas das áreas e materias da ESO do curso actual.

Os aspectos maís destacables desta orde, que afectan directamente aos catro cursos da ESO, son os seguintes:

  • As sesións da terceira avaliación parcial realizaranse entre o 5 e o 7 de xuño, segundo os cursos, e as notas publicaranse o 10 de xuño.
  • O alumnado que teña áreas ou materias suspensas despois desta avaliación recibirán un informe orientador sobre cada unha delas.
  • Seguirá habendo clase para todo o alumnado ata o 22 de xuño.
  • No período comprendido entre primeiros de xuño e o 22 de xuño realizaranse actividades de ampliación, reforzo, titoría e /ou recuperación, segundo os casos.
  • As decisións sobre promoción e/ou titulación do alumnado tomaranse nas sesións de avaliación final, que terán lugar o 23 de xuño.
  • As cualificacións da avaliación final publicaranse o 25 de xuño.
  • Publicaranse nos vindeiros días addendas ás programacións nas que se modifican elementos para poder axustarse a esta Orde.

Atte.,

O equipo directivo.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN, ANO ACADÉMICO 2022-23

Foron publicadas as listaxes provisionais de admisión de novo alumnado, non procedente de centros adscritos. Poden consultalas no taboleiro interior do edificio principal do instituto, e, quen o teña feito a solicitude de forma telemática, na aplicación.

O equipo directivo.

 

I GRAN CONCURSO DE ORTOGRAFÍA REGO DE LETRAS

Esta semana entregáronse os premios do I Gran Concurso de Ortografía "Rego de Letras", celebrado no IES Rego de Trabe o 24 de marzo.

As gañadoras foron:

  • Anghelina Igorevna Malachli Ialama, de 1º ESO
  • Iria Fraga Villares, de 2º de ESO

 

Os finalistas foron:

  • Brais Miñana Fernández, de 1º ESO
  • Rosina Mernies Longo, de 2º ESO.

O terceiro posto rexistrou un empate en 1º ESO, entre Javier Neira Arévalo e Mencía Pereira González.

En 2º ESO, o terceiro posto foi para Nicolás Blanco Vázquez.

Parabéns a gañadoras e finalistas!

 

PRIMAVERA XOVE 2022

Tras a primeira experiencia piloto de 2021, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha este ano a segunda edición de Primavera Xove, un programa que busca xerar espazos para un ocio educativo seguro, divertido, formativo e favorecedor da transferencia de valores e coñecemento. 

Tres formatos diferentes, dous meses e un só público: os mozos e mozas galegos.

Este 2022, Primavera Xove levarase a cabo entre os meses de abril e maio. Está composto por tres formatos de accións diferentes que buscan dar resposta aos gustos e necesidades dos mozos e mozas, con independencia da súa idade. Por iso, haberá accións concretas tanto para os rapaces máis novos como para o estudantado universitario ou que xa rematara os seus estudos. A programación desta nova iniciativa de educación non formal e entretemento saudable estará composta por: 

» Programa de Semana Santa e de fin de semana (de venres a domingo) en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos. 

» Encontros formativos e de networking nos campus universitarios de Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo.

» Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xove dependentes da Xunta de Galicia. 

Todas as actividades levaranse a cabo seguindo as medidas de prevención, seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para facer fronte á Covid-19. Así mesmo, para a actividade nos albergues xuvenís que inclúe pernoita, deberase achegar unha declaración responsable sobre condicións de saúde á entrada da estancia, que será facilitada con anterioridade pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

 

Pode consultar a información e realizar a inscrición aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut