Skip to Content

SOLIDARIEDADE CON UCRAÍNA

 

 

 

 

O IES Rego de Trabe está a colaborar coa ONG AGA UCRAÍNA (Asociación Galega de Axuda a Ucraína) para converterse en punto de recollida de bens con destino a ese país.

Precisamos:

  • Comida enlatada que non precise ser procesada (conservas de peixe, albóndigas, fabada, sopas, etc.)
  • Material hixiénico, especialmente cueiros.
  • Produtos de aseo persoal.
  • Roupa nova.

Poderán depositar as súas doazóns no recibidor do edificio principal de luns a venres en horario de 9.00 a 11.00 e de 12.30 a 13.30 h,  e os luns de 16.30 a 17.50 h.

Nas sesións de titoría o noso alumnado, cos seus titores e titoras, organizarán os produtos recibidos e posteriormente trasladarémolos á nave que a ONG ten á súa disposición en POCOMACO, para o agradeceriamos a colaboración de alguén que dispoña dunha furgoneta (contactar co instituto: 881960801).

Temos un dobre obxectivo: por unha banda facer unha contibución en nome de toda a comunidade educativa, e por outra banda involucrar ao noso alumnado de forma activa.

Asimesmo, para quen prefira facer aportacións en metálico, os números de conta de AGA UCRAÍNA destinados a recaudar fondos son:

ES73 2080 0000 7230 4027 0691 (ABANCA)

ES49 0049 7709 1122 1000 5663 (Banco Santander)

 

Moi agradecido,

O persoal docente e non docente do IES Rego de Trabe.

 

 

 

KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE POLO DEREITO A SER NENA

A ONG Save the Children celebra o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 marzo) convocando a CARREIRA KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE POLO DEREITO A SER NENA.

No centro sumámonos a esta iniciativa co alumnado de 1ºESO, que coñecerá a dura realidade das nenas da rexión do Corno de África e participará na carreira e co seu esforzo e cos kilómetros percorridos, recadará fondos dos seus patrocinadores. Estes cartos serán enviados á ONG Save the Children, para colaborar nos seus proxectos.
 
 
 
Moitas grazas pola súa colaboración!!!

CLUB DE LECTURA PARA AS PERSOAS ADULTAS

Ao longo deste curso académico 2021-22 vaise desenvolver por primeira vez o Club de lectura para as persoas adultas da comunidade educativa: alumnado adulto, pais, nais, titores e titoras legais, irmáns e irmás maiores, persoal docente e persoal non docente.

No noso percorrido faremos unha escala cada mes onde nos achegaremos a diferentes xéneros literarios. Esta xuntanza levarase a cabo, nun principio, os luns ás seis da tarde no centro, inda que se poderán realizar cambios se os membros así o acordasen.

Animámolos a que participen nesta nova iniciativa que o noso instituto quere ofertarlle á comunidade educativa para que poida desenvolver e fomentar a lectura entre os seus membros. Gustaríanos contar coa súa colaboración e achegas. Así pois, pregámoslles que nos fagan chegar esta comunicación cumprimentada no caso de que queiran participar no club.

Maneiras de entrega da inscrición:

  • cubrila en liña e enviala por correo electrónico a ies.regodetrabe@edu.xunta.gal,
  • imprimila, cubrila e entegala en conserxería,
  • ou pedir unha copia en conserxería, cubrila e entregala.

Grazas de antemán,

O equipo directivo.

RESULTADOS FINAIS DAS PROBAS DO TRINITY

Recibidas as notas finais das probas de acreditación de linguas estranxeiras, non podemos máis ca estar satisfeitos, pois dos 31 rapaces e rapazas que solicitaron a axuda para realizalas, 29 superáronas, 1 só suspendu a proba de writing e 1 só suspendeu a proba de reading. Estes dous teñen unha segunda oportunidade para realizar as probas suspensas, nunha data que lles será comunicada con suficiente antelación.

Poden consultar os resultados no taboleiro de acceso ao edificio principal do instituto.

Parabéns!!

Abreviando... Qrtm8 e o d+ m=. O #DígochoEu do Rego de Trabe

Presentaron unha idea de guión aos premios #DígochoEu da TVG e foi seleccionada entre máis de 200 propostas para converterse en realidade e ser gravada. E aquí está agora o resultado deste traballo do Club de Lingua do IES Rego de Trabe en que participa alumnado de 1º de Bacharelato e que foi gravado no noso centro. No vídeo, sobre como acurtar palabras en galego de maneira creativa e orixinal, participan, ademais de Esther Estévez (presentadora e protagonista do #DígochoEu), Álex Castro, Ana García, Bismer Carrasco, Coral Menchero, Iria Cruz, Laura Celada, Laura López, María Pose e Miguel Rodríguez.

O vídeo foi emitido pola canle principal da TVG e, ademais de en Youtube, tamén se pode atopar nas redes sociais da TVG Instagram, Tiktok, Facebook ou Twitter, ou na canle g24.gal.

PROBAS DE ACREDITACIÓN EN LINGUA ESTRANXEIRA: INGLÉS

Os 31 alumnos e alumnas que solicitaron as axudas para acreditación de linguas estranxeiras fixeron recentemente os exames do Trinity. Compráceme anunciar que todos eles superaron con éxito as probas de listening e speaking!

Poden consultar as notas no taboleiro da entrada do edificio principal do instituto, sabendo que:

pass = aprobado

merit = notable 

distinction = sobresaliente

Agora faltan por saber as notas do reading e do writing.

Congratulations and good luck!

 

 

GUÍA DE PRESENTACIÓN DE EXAMES

Podes premer na infografía para descargar o documento adxunto

Distribuir contido


by Dr. Radut