Skip to Content

Blogues

Versión para impresora

Inauguración da nova Radio do Cabanillas

Neste novo curso, despois das probas levadas en colaboración co CFR de Pontevedra, o equipo da Biblioteca investiu na compra dun equipo para poder elaborar os nosos propios programas de radio, na propia Web do instituto haberá o espacio para os podcast que se creen.

Titorial de uso de Webex para alumnos e familias

Videotitorial para conectarse ao Webex: https://youtu.be/BUp6_7ZfcDk

Convocatoria de axudas para estudo de linguas estranxeiras

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado.

O prazo de solicitudes remata o 26 de marzo.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30366

Visita de 1º ESO ó Museo de Historia Natural

Proseguindo o seu periplo por Museos galegos, e afondando en diversos aspectos das súas asignaturas, o alumnado de 1º ESO tamén visitou este pasado xoves o fascinante Museo de Historia Natural de Santiago.

Visita ó xacemento arqueolóxico e Museo de Pontevedra

O alumnado de 1°A e 1°B da E.S.O. foi de excursión ó Museo de Pontevedra e ó xacemento arqueolóxico do Monte do Castro, situado entre as parroquias de Leiro e Besomaño, para ver os obxectos e restos conservados dos diferentes períodos da Prehistoria.

Crêperie!

A nosa querida Crêperie, conducida por Jérémy, envolveu ao Cabanillas co seu aroma e espertou todos os sentidos do alumnado e profesorado que por alí pasou. 
 
Grazas por tratarnos tan ben! Agardamos á próxima Candeloria para degustar as súas xa famosas crêpes!
 

Visita á exposición Galicia, un relato no mundo

Coma o alumnado de 1º de Bacharelato este pasado venres, hoxe día 31 tocoulle a 3º ESO visitar a exposición Galicia, un relato no mundo, na Cidade da Cultura de Santiago.

Acompáñanse as visitas cun un paseo guiado polo fascinante casco histórico de Compostela para completar a xornada.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Galería

 

Visita ó castelo de Soutomaior

O mércores 22 de xaneiro, e despois de varios intentos fallidos por causas climatolóxicas, por fin os nosos cativos de 2ºESO poideron visita-lo castelo de Soutomaior. Coñeceron a estrutura arquitectónica do castelo, os xardíns, deixaron conquistado ó persoal do castelo pola súa exquisita actitude. Noraboa, rapaces e rapazas!

Cinema en francés

 

Desafiando ó mal tempo, o alumnado de Francés do Cabanillas arrancou o xoves 14 cara Vigo para asistir á proxección da película Swagger. A actividade estaba enmarcada dentro do Fiestinema, que organiza anualmente a Alianza Francesa.

Distribuir contido


by Dr. Radut