Skip to Content

Visita empresarial - Prodipel e Balneario de Guitiriz

O día 4 de xuño as alumnas de primeiro curso de Peiteados e Cosmética Capilar, tras partir do centro as 8.30h, chegaron a Lugo ás 10.00h ao centro Prodipel, un centro de formación privado que imparte cursos profesionais. No centro o grupo de alumnas acompañadas polos seus profesores recibiron información técnica profesional das cabinas dedicadas a Spa e Perruquería. Entre outras cousas ensináronlles o funcionamento de cabinas de chorro, maderoterapia para manicura e pedicura, therapy cool para activar a circulación de pernas cansas, etc.

 
 

Despois de xantar nas Termas dirixíronse o balneario de Guitiriz-Loida. As 16.30 foron recibidas polo doutor Salvador Ramos, director médico do balneario, do que escoitaron unha conferencia maxistral que versou sobre o cancro e atención emocional e psicolóxica que se debe ofrecer a todos os clientes que acudan a un salón de perruquería en demanda dunha perruca. A continuación, Loida, explicoulles os tipos e características das perrucas que hai no mercado, mostrándolles como deben colocalas. O encontro rematou ás 21.00h con preguntas e unha animada charla cos poñentes da actividade.

 
Ver a completa reportaxe no blogue de Perdourando.


page | by Dr. Radut