Skip to Content

VISIÓN

Un novo concepto de Formación Profesional basado en tres pilares: diversidade, conexión co mundo profesional e un firme compromiso coa calidade académica.

 

 Solicita información de Ciclos Formativos:

982 87 01 02

 


 

Calidade académica

O modelo educativo da familia de Administración do IES Perdouro, en liña coa normativa da Consellería de Educación, convirte ao estudante no principal protagonista do proceso de aprendizaxe, grazas a unha formación sumamente práctica que lle permite adoptar un papel activo e que fomenta o desenvolvemento da capacidade de aprender ao longo da súa vida persoal e profesional.

 Ademáis dos coñecementos básicos do ciclo o estudante da familia de Administración adquire, da man dunha formación eminentemente práctica as competencias necesarias para desenvolverse no mundo laboral con éxito.

A todos os estudantes se lles fai un seguimento individualizado e personalizado por parte dun titor. Este titor será aclave na aprendizaxe do ciclo, así como no correcto aproveitamento das prácticas en alternancia (Formación en Centros de Traballo).

Os alumnos terán a súa disposición as instalacións do IES Perdouro. Unhas instalacións de vangarda adaptadas a realidade empresarial e á profesión que lles permitirán mergurllarse na realidade do mundo laboral, dende o primeiro día.

Conexión coa empresa e co mundo profesional

O IES Perdouro dispón dunha eficaz bolsa de traballo para os alumnos da familia de Administración respaldada polos convenios de colaboración firmados coas empresas e profesionais máis importantes da zona, o que lle proporciona ao estudante unha conexión permanente co mundo empresarial e profesional.

Os nosos alumnos terán a posibilidade de realizar as súas prácticas profesionais nas máis importantes empresas da zona a través do módulo de Formación en Centros de Traballo, desenvolto no ámbito productivo real, permitindo aos estudantes desenrolar funcións propias da súa titulación durante o proceso formativo, orientados, supervisados e asesorados por un titor dentro da empresa e guiados á súa vez por un titor do Instituto.

 


 

 Información dos Ciclos Formativos de Formación Profesional

 Formación en Centros de Traballo

  



page | by Dr. Radut