Skip to Content

PROXECTO EUROPEO DE ACOLLIDA - INTERCAMBIO XUVENIL PARA A INTEGRACIÓN PROFESIONAL

Acollida no IES Perdouro

 

Recepción de benvida no Concello

 

Chámanse Gabi, Flo, Fabian, Carina, Florian, Jovance, Angela, Manuel, Kai e Benedikt. Son un grupo de rapaces alemáns que estiveron polas nosas clases este luns e onde puideron observar como funciona o noso sistema educativo. Ademais foron recibido no Concello polo Alcalde, Alfredo Llano e, pola Tenente de Alcade, Neves Cando nunha pequena recepción de benvida a Burela.

 

Xa chegou o grupo de rapazas e rapaces alemáns que estarán realizando prácticas en empresas de Burela. Chegaron o sábado 10 rapazas e rapaces coa ilusión de aprender e abrir horizontes profesionais. Estarán de visita polo centro este luns. O martes visitarán a zona e o mércores empezarán a súa formación nas empresas colaboradoras. Estarán ata do 18 de decembro.

Empresas colaboradoras: Concello de Bruela, Hotel Palacio de Cristal, Mesón do Poeta, Fauna, Hotel Sargo, Cervexería O Trisquel, Cervexería Kiko, Garsán, Tecnav, Gráficas Arfe, o Rincón do Trasgo.

 

O pasado 6 de outubro, recibimos a visita de Hubertus Freisinger, coordinador do proxecto europeo que consiste nunha colaboración co Berufsbildungszentrum (BBZ) Augsburg gGmbH, un centro de formación e inserción laboral da localidade alemana de Augsburgo. Este proxecto está respaldado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña e polo Fondo Social Europeo.

 



page | by Dr. Radut