Skip to Content

PREMIO CONCURSO NOVOS TALENTOS DE COCA-COLA

Laura López Galdo, alumna de 2º ESO, atópase entre os gañadores da Fase Provincial  do "Concurso Novos Talentos - Premio Relato Curto" da Fundación Coca-Cola. Está entre o seis clasificados no sector de Lugo.
 
Como finalista, está convidada á entrega de premios provinciais que terá lugar o venres 28 de maio na Escola Galega de Administración Pública de Santiago de Compostela, donde se dará a coñecer o Premio Autonómico que consiste nunha viaxe a Berlín, acompañada dun profesor.

Desexámoslle moita sorte a Laura. Chegar ata aquí ten o seu mérito. Noraboa!

Non esquecemos felicitar a súa profesora de Lingua Galega, Helena Fernández Roibas.



page | by Dr. Radut