O noso alumno de 4º de ESO, Juan Mario Lawicki Aragón, superou as probas da fase de zona da II Olimpiada de ESO de Química, convocada polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia o pasado 23 de abril.
Participará o vindeiro 27 de maio en Santiago na fase final da Olimpiada.
Desexámoslle moita sorte e transmitimos a nosa noraboa ás profes: Ana Vázquez e Cándida Campos.