Skip to Content

Mobilidades Erasmus+ para realizar o módulo de FCT dos ciclos formativos de grao medio no estranxeiro, entre os meses de abril e xuño de 2025

 

As mobilidades do programa Erasmus+ constitúen unha oportunidade excepcional para que os/as estudantes disfruten dunha experiencia verdadeiramente transformadora e enriquecedora, tanto a nivel persoal como profesional.


Como di o lema do programa Erasmus+, as estadías de prácticas no estranxeiro, integrándose no equipo dunha empresa e na sociedade do lugar, enriquecen as vidas das persoas e abren as súas mentes dun xeito extraordinario. Unha vivencia deste tipo apórtalles aos estudantes grandes progresos como persoas e como cidadáns, autoestima e confianza en si mesmos e, por suposto, unha importante mellora das súas competencias lingüísticas e da súa empregabilidade e perspectivas laborais.

Por estas razóns, no IES Perdouro consideramos imprescindible ofrecer estas oportunidades ao noso alumnado de Formación Profesional e con esa finalidade ábrese a:

Convocatoria de axudas de mobilidade Erasmus+ para realizar o módulo de FCT dos ciclos formativos de grao medio no estranxeiro, no período ordinario abril-xuño de 2025.

  • Dirixidas a alumnado do IES Perdouro matriculado actualmente no segundo ano dun ciclo formativo de grao medio.
  • Ofrécese un período de prácticas de 11 semanas (79 días) en países da UE.
  • Prazo de solicitude ata o 19 de novembro de 2024, incluído.

Documentación a presentar na secretaría do centro:

  1. Formulario de solicitude, segundo o Anexo II da Resolución
  2. Fotocopia do DNI, NIE ou outro documento oficial de identificación.
  3. Certificado da conta bancaria de titularidade do/a solicitante.
  4. Certificación de competencias lingüísticas con respecto á lingua do país de destino ou da lingua de traballo (se se dispón del)
  5. Curriculum Vitae EUROPASS, elaborado no portal web de Europass. Incluiranse fotocopias acreditativas dos diplomas, cursos ou experiencia profesional.

A Resolución de convocatoria da Dirección do IES Perdouro contén todos os detalles sobre prazos e documentación a presentar, baremación, proceso de selección, importes das axudas e outros aspectos.

A Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, regula a xestión das axudas de mobilidade a nivel do consorcio de centros.

Outros documentos descargables:

Información resumida para o alumnado

Ligazóns de interese:

Calculadora de distancias da Comisión Europea:
https://erasmus-plus.ec.europa.eu/resources-and-tools/distance-calculator

Portal Europass, para crear o teu CV Europass:
https://europa.eu/europass/es

Sitio web da Dirección Xeral de FP, sobre programas internacionais:
https://www.edu.xunta.gal/fp/erasmus

Portal do Servicio Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE):
http://sepie.es/

Portal Erasmus+ da Comisión Europea:
https://erasmus-plus.ec.europa.eu/

 

 

 
 
 
 


page | by Dr. Radut