No taboleiro de anuncios de secretaría están publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido na ESO e en Bacharelato.
Poden consultalas persoalmente ou chamando ao teléfono do centro: 982 870102
Prazo de reclamacións ante a dirección do centro: do 26 de abril ata o 3 de maio, incluído.
Publicación das listaxes definitivas: unha vez se resolvan as reclamacións e, en todo caso, o día 15 de maio.
Solicitudes presentadas fóra de prazo:
As instancias que se reciban despois da data de publicación das listaxes de admisión provisional, serán consideradas fóra de prazo (Artigos 40 Orde do 21 de outubro de 2022) e perderán o seu dereito de prioridade.
Estas solicitudes enviaranse á Xefatura Territorial de Lugo, que adoptará as medidas necesarias para asegurar a escolarización do alumnado afectado nun centro sostido con fondos públicos que dispoña de prazas vacantes.
Máis información na páxina sobre admisión do alumnado en ESO e Bacharelato, no sitio web do IES Perdouro.