As mobilidades do programa Erasmus+ constitúen unha oportunidade excepcional para que os/as estudantes disfruten dunha experiencia verdadeiramente transformadora e enriquecedora, tanto a nivel persoal como profesional.
Como di o lema do programa Erasmus+, as estadías de prácticas no estranxeiro, integrándose no equipo dunha empresa e na sociedade do lugar, enriquecen as vidas das persoas e abren as súas mentes dun xeito extraordinario. Unha vivencia deste tipo apórtalles aos estudantes grandes progresos como persoas e como cidadáns, autoestima e confianza en si mesmos e, por suposto, unha importante mellora das súas competencias lingüísticas e da súa empregabilidade e perspectivas laborais.
Por estas razóns, no IES Perdouro consideramos imprescindible ofrecer estas oportunidades ao noso alumnado de Formación Profesional e con esa finalidade ábrese a:
Convocatoria de axudas de mobilidade Erasmus+ para realizar o módulo de FCT dos ciclos formativos de grao medio no estranxeiro, no período ordinario abril-xuño de 2023.
- Dirixidas a alumnado do IES Perdouro matriculado actualmente no segundo ano dun ciclo formativo de grao medio.
- Ofrécese un período de prácticas de 11 semanas (79 días) en países da UE.
- Prazo de solicitude ata o 24 de novembro de 2023, incluído.
Documentación a presentar na secretaría do centro:
- Formulario de solicitude, segundo o Anexo II da Resolución do 09/11/2023
- Fotocopia do DNI, NIE ou outro documento oficial de identificación.
- Certificado da conta bancaria de titularidade do/a solicitante.
- Certificación de competencias lingüísticas con respecto á lingua do país de destino ou da lingua de traballo (se se dispón del)
- Curriculum Vitae EUROPASS, elaborado no portal web de Europass. Incluiranse fotocopias acreditativas dos diplomas, cursos ou experiencia profesional.
A Resolución de convocatoria da Dirección do IES Perdouro contén todos os detalles sobre prazos e documentación a presentar, baremación, proceso de selección, importes das axudas e outros aspectos.
A Resolución do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, regula a xestión das axudas de mobilidade a nivel do consorcio de centros.
Outros documentos descargables:
Formulario de preinscrición, complementario ao formulario de solicitude.
Información resumida para o alumnado
Ligazóns de interese:
Calculadora de distancias da Comisión Europea:
https://erasmus-plus.ec.europa.eu/resources-and-tools/distance-calculator
Portal Europass, para crear o teu CV Europass:
https://europa.eu/europass/es
Sitio web da Dirección Xeral de FP, sobre programas internacionais:
https://www.edu.xunta.gal/fp/erasmus
Portal do Servicio Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE):
http://sepie.es/
Portal Erasmus+ da Comisión Europea:
https://erasmus-plus.ec.europa.eu/