Dúas das nosas alumnas de 2º de Bacharelato, Lucía Barrera López e Lara Mourelle Vázquez foron seleccionadas para viaxar a Madrid con motivo da celebración das probas finais de selección de Becas Europas entre os días 23 e 25 de abril.
A Universidade Francisco de Vitoria de Madrid promove por quinto ano o Programa
Becas Europa, unha oportunidade para os estudiantes de segundo de Bacharelato de coñecer as mellores universidades europeas.
Lucía Barrera López e
Lara Mourelle Vázquez están entre as seis galegas (Barrera López, Lucía; Bermejo Álvarez, Marina; García Caride, Sara; Mourelle Vázquez, Lara; Otero González, Uxía; Rodríguez Molino, Paula) (e dos 200 de todo o territorio español) seleccionadas para a terceira fase do proceso de selección dos 50 beneficiarios desta iniciativa.
Lucía e Lara xa superaron as dúas probas; a terceira e decisiva tivo lugar esta pasada fin de semana (23-25 abril de 2010).
Lucía Barrera opta a unha delas, aínda que acabamos de coñecer que Lara non puido presentarse por motivos persoais. En todo caso, debemos felicitalas por estar entre os douscentos alumnos seleccionados de toda España elixidos despois de superar dúas fases eliminatorias.
Dos 3.000 preuniversitarios que se inscribiron inicialmente neste proxecto, só 200 accederon a esta fin de semana de actividades. E só 50 disfrutarán dunha beca que os levará polas principais capitais universitarias de Europa.