As listaxes de alumnado admitido en ESO e Bacharelato están publicadas no taboleiro de anuncios interior do Instituto, xunto a Secretaría. Recomendamos consultar as listaxes persoalmente ou ben chamando ao centro - 982870102 -
Prazo de reclamacións ante a dirección do centro: ata o día 3 de maio, incluído.
Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio.
Solicitudes presentadas fóra de prazo:
Estas solicitudes enviaranse á Xefatura Territorial de Lugo, que adoptará as medidas necesarias para asegurar a escolarización do alumnado afectado nun centro sostido con fondos públicos que dispoña de prazas vacantes.