Skip to Content

1º PREMIO - CONCURSO CONSUMOPOLIS 5

O IES Perdouro de Burela encóntrase entre os oitos centros educativos premiados na fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida “Consumópolis 5: Ti, de que vas‏? A min mólame o consumo responsable”, outorgados pola Consellería de Economía e Industria.

 

O IES Perdouro acadou o primeiro premio, co seu equipo BIOTOPO formado polas alumnas de 4º de ESO ( Nélida Fernández Fernández, Tania García Maseda, Gorety Pérez Díaz, Laura Trelles Díaz, e Lúa Vázquez Ferrreiro), na categoría do segundo ciclo de ensinanza secundaria e participará na fase estatal que se celebrará en Madrid o vindeiro mes de maio.

Este concurso Consumópolis promovido polo Instituto Galego de Consumo desenvolveuse en dúas fases.

A primeira fase de este concurso, consistía en realizar un percorrido do xogo sobre consumo responsable, que incluía probas pedagóxicas e lúdicas e tiña como finalidade adquirir os coñecementos necesarios para desenvolver a seguinte etapa.

Na segunda fase, os alumnos realizaron por equipos un álbum virtual. Cada álbum consta de cinco fotografías sobre os distintos temas do Consumo Responsable que se traballan no concurso, sendo obrigatorio que canto menos tres das fotografías traten aspectos como: o consumo reflexivo e a información á hora de consumir; o aforro e gasto familiar: “o meu orzamento”; o uso das tecnoloxías (TIC): aparatos electrónicos e Internet, e o consumo sostible co medio, e solidario artellado seguindo as pautas do comercio xusto.

As fotografías tiñan que ser orixinais, tomadas por algún membro do equipo, e estar identificadas, cada unha delas, cun título e un breve texto explicativo nalgunha das formas literarias máis comúns (poesía, conto, ensaio, artigo, etc.), facendo un comentario sobre a relación da imaxe co título e co tema.

Ademais, o alumnado participante no equipo, debía elaborar dunha memoria breve sobre a participación do equipo no percorrido do xogo en-liña con preguntas e respostas da primeira fase, e a organizaron para a realización do álbum virtual que presentan á fase autonómica do concurso.

Nota de prensa.



page | by Dr. Radut