Skip to Content

Continúa a alerta laranxa na xornada do martes 17

Ata o martes 17 de xaneiro está decretada a alerta laranxa xa que se esperan refachos de vento de máis de 100 km/h na Mariña polo que se suspenden as actividades no exterior.

O alumnado deberá subir directamente para a aula á entrada pola mañá (a partir das 8:20h), sen quedar no patio.

No recreo permanecerán nas aulas acompañados polo profesorado, polo que deberán comer alí o bocadillo. Non poderán saír á cafetería. Se alguén non puidera levar algo para comer, deberá indicalo pola mañá cando se vaia preguntar polas clases. Aboarán o custo e entregaráselles no recreo na propia aula.

Non haberá clase de Educación Física no pavillón durante toda a xornada. 

Moitas grazas pola vosa colaboración.



page | by Dr. Radut