Skip to Content

Axudas para material escolar. Curso 2022-23

Está aberto o prazo para a solicitude de material escolar para o curso 2022-23.

Orde do 29 de abril de 2022

Prazo: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022

Forma de presentación:

  • Presentación no centro: Neste caso deberán imprimir as solicitudes e o anexo II e presentalos no centro debidamente asinados, xunto coa documentación requirida.
  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

  1. ANEXO I debidamente cuberto.
  2. DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

Para o alumnado de ESO
a) Anexo IIpara a comprobación doa membroa computablea da unidade familiar.
b) Se o solicitante posúe DNI ou NIE:
Copia  do libro de familia ou equivalente donde figuren todos os membros computables.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio
regulador onde constate a atribución da custodia do/a menor.
Excepcionalmente, no caso de que o solicitante careza de DNI ou NIE, poderase acreditar o número de
membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.
Certificado ou volante de convivencia.
Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.


c) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria postestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumando en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor/a carezan de DNI e NIE.

ALUMNADO CON DISCAPACIDADE MAIOR OU IGUAL AO 65%

O alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65% matriculado na ESO, incluído o que participe no proxecto E-DIXGAL, cando a xuizo do centro docente, non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso no que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario, recibirá un vale para libros e outro para material escolar con independencia do nivel de renda.

ALUMNADO CON NEAE

O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado na ESO, cando a xuízo do centro docente, non poida usar os libros de texto ou o material dixital no curso no que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario, recibirá un vale para libros e outro para material escolar, en función do nivel de renda.



page | by Dr. Radut