Finalizado o período de solicitude de reserva de praza, procédese a publicar as listaxes de alumnado con praza axudicada por reserva (alumnado procedente do CEIP Virxe do Carme).
Adxudícase praza a todo o alumnado que o solicitou (39 solicitudes).
Poden consultarse as listaxes, para comprobar que lles foi adxudicada a praza nos seguintes lugares:
- Taboleiro de anuncios IES Perdouro.
- Taboleiro de anuncios CEIP Virxe do Carme.
- Na aplicación admisionalumnado, indentificándose con Certificado Dixital ou Chave365.
De producirse algunha disconformidade coa listaxe, deben comunicalo na secretaría do IES Perdouro no prazo máis breve posible.