Skip to Content

Admisión ESO e BAC, curso 2022-23: solicitude do 1 ao 21 de marzo

Solicitude de admisión

O alumnado que desexe acceder ás ensinanzas de ESO ou Bacharelato no IES Perdouro e que non teña praza reservada(1), debe presentar solicitude de admisión. Ver calendario.

(1)O CEIP Virxe do Carme é centro adscrito do IES Perdouro e polo tanto o seu alumando ten dereito á reserva de praza, sempre que o solicitara no prazo establecido.

Prazo de solicitude: do 1 ao 21 de marzo, ambos incluídos.

Formas de presentar a solicitude:

1. De forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado, identificándose con Certificado Dixital ou Chave365. O Anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (Anexo II). Manual para as familias.

2. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual presencialmente no centro: a través da aplicación admisionalumnado, ir ao menú "Solicitudes - Admisión - Crear ", cubrir os datos que se solicitan, premer en "Crear e Confirmar", descargar a solicitude, asinala manualmente e presentala na secretaría do IES Perdouro.

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: descargar os formularios, cubrilos manualmente e presentalos asinados na secretaría do IES Perdouro, utilizando o Anexo II e o Anexo II-bis (Anexos en castelán).

Xunto con estes formularios débese presentar a seguinte documentación:

  • DNI do alumno/a e dos membros da unidade familiar (cando non se autorice a súa consulta).
  • Libro de familia.
  • Certificado oficial do expediente académico.
  • Resolución xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, se é o caso.

A solicitude de admisión presentada nun centro educativo poderá anularse mediante a presentación dunha nova, indicando expresamente por escrito que quedan sen efecto a/s presentada/s con anterioridade.

Criterios de baremación de solicitudes:

Importante: Cando se presenta a solicitude débense marcar todos os criterios que se pensan alegar no baremo. A documentación acredidativa pedirase máis tarde no caso de ter que baremar, pero os criterios alegados xa non se poderán modificar.

  1. Criterios xerais: Recollidos no artigo 9 do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG, venres, 11 de febreiro de 2022), donde se detallan os criterios e a puntuación outorgada a cada un.
  2. Criterio propio do centro: neste centro temos aprobado o criterio de baremación ao que se refire o artigo 9, apartado k) do citado Decreto. Ver

Se unha vez aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o resultado do sorteo público anual.

Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremación:

So no caso de que houbera maior número de solicitudes que de prazas ofertadas, os solicitantes deberán presentar a documentación de forma presencial na secretaría do centro.

Prazo: do 24 de marzo ao 6 de abril, ambos incluídos.

Postos escolares vacantes que se ofertan:

Postos vacantes para ESO e BAC_curso 2022-23

 

AdxuntoTamaño
Oferta prazas vacantes.pdf464.8 KB


page | by Dr. Radut