O luns, 31 de xaneiro comeza o prazo de inscripción para as probas de acceso a Ciclos Formativos de grao Superior (ORDE do 17 de decembro de 2021 - DOG, 12 de xaneiro de 2022), segundo o calendario que se achega.
Tal como se indica nas instrucións:
As solicitudes deberán realizarse telematicamente empregando o asistente informático dispoñible na aplicación Ciclosprobas. O asistente facilita o proceso de crear unha solicitude de inscrición nas probas de acceso de grao superior. A aplicación xera unha instancia para imprimir que se deberá presentar nun centro de inscrición xunto coa documentación que se indique na propia instancia. En tanto que non se efectúe este trámite, non quedará feita a matrícula.
Para acceder ao asistente da aplicación:
- Será posible ir directamente escribindo o seguinte enderezo no seu navegador de internet: https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do
- Tamén é posible ir a Ciclosprobas premendo no texto “Ligazón á aplicación informática” dispoñible na páxina “Convocatoria 2022” dentro de “Acceso a grao superior” desde o menú da páxina www.edu.xunta.gal/fp/probas.
Para crear unha solicitude de probas de acceso a grao superior a través da aplicación informática Ciclosprobas dispón de dúas opcións para identificarse:
- “Acceso con identificación”, empregarán esta opción os usuarios que dispoñan dalgún dos seguintes sistemas de autenticación:
–Usuarios de educación con conta edu.xunta.gal.
–Chave365.
–Usuarios con conta xunta.gal.
–DNI electrónico.
–Certificado dixital.
- Se non dispón de ningún sistema de autenticación de usuario debe utilizar a opción “Outros accesos” a través da cal se lle solicitará que introduza o seu DNI/NIE (todo xunto e coa letra en maiúscula) e un enderezo electrónico. No caso de que o seu correo estea dado de alta na base de datos, pero non coincidise o enderezo electrónico co xa rexistrado aparecerá un aviso na parte superior da pantalla. Poderá continuar coa solicitude pulsando no enlace.