Skip to Content

Xornada informativa: Admisión alumnado IES Perdouro

Na data que se indica a continuación celebraremos no IES Perdouro unha xornada informativa relativa ao proceso de admisión.

Data: mércores, 19 de xaneiro

Hora: 18:00h

Esta reunión vai destinada ás familias e alumnado que deban ou consideren cambiar de centro para o curso 2022/2023, co fin de mostrarlles o funcionamento e as instalacións do noso instituto. Tamén ofreceremos información sobre o proceso de admisión para a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e Ciclos Formativos.

Para facilitar a organización e cumprir co protocolo COVID, dacordo coa situación sanitaria actual, abrimos un período de inscrición previa desde o martes 11 ata o martes 18 de xaneiro, ambos incluídos, ata completar aforo.

En caso de superar aforo, realizarase unha nova convocatoria para aquelas persoas apuntadas que non puideron asistir.

Para inscribirse, poden facelo por teléfono (982 870 102) ou ben enviarnos un correo electrónico (ies.perdouro@edu.xunta.gal) indicándonos a seguinte información*:

  • Nome e apelidos do pai, nai ou titor/a do alumno/a
  • Teléfono de contacto
  • Correo electrónico de contacto
  • Curso e centro no que está matriculado o alumno/a na actualidade
  • Indicar o número de persoas asistentes (máximo 2)

Unha vez completado o proceso de admisión, organizaremos novas reunións informativas para o alumnado con praza adxudicada.

O período de reserva de praza en centros adscritos está aberto ata o día 8 de febreiro.

 



page | by Dr. Radut