Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar. Votacións de nais, pais ou titores/as legais: mércores 23 de novembro, de 17:00 a 19:00h.

O mércores 23, en horario de 17:00 a 19:00 horas, celebrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do IES Perdouro, tal como se recolle na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos   públicos (DOG do 29/09).

Candidatos/as

A Xunta Electoral acordou proclamar con carácter definitivo ás seguintes persoas candidatas para o sector de pais, nais ou titores legais do alumnado:

  1. Lanza Méndez, María Teresa
  2. Sixto Otero, Inés

Quén pode votar

Teñen dereito a votar a nai e o pai, ou os titores/as legais, do alumnado matriculado no IES Perdouro que figure no Censo aprobado pola Xunta Electoral e tras a súa exposición pública no taboleiro da secretaría do centro.

Modo de emitir o voto

a) O voto será directo, secreto e non delegado.

b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán os fixados pola Xunta Electoral e estarán no local da votación.

c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos/as, e cada elector/a deberá marcar cunha cruz un máximo de un nome das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do DNI ou documento similar.

d) Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.



page | by Dr. Radut