Skip to Content

Matrícula en módulos soltos de ciclos formativos (réxime de persoas adultas). Curso 2021/2022

Desde as 09:00 horas do día 5 de outubro ata as 13:00 horas do día 8 de outubro poderás matricularte nos ciclos formativos do IES Perdouro, nos módulos que desexes, polo réxime de persoas adultas (prazas vacantes do réxime ordinario).

Se estás interesado/a, acude á secretaría do centro educativo nos días sinalados para formalizar a túa matrícula.

Máis información

Para máis información contacta co IES Perdouro:

  • Teléfono: 982 870 102
  • Correo electrónico: ies.perdouro@edu.xunta.es
  • Rúa do Instituto, s/n; 27880 Burela (Lugo)
  • GPS: 43.652140, -7.357292

Consulta a oferta de ciclos formativos do IES Perdouro

Tamén podes visitar o portal de FP da Consellería de Cultura e Educación



page | by Dr. Radut