Actualización: O prazo de matrícula en ciclos e módulos con prazas dispoñibles amplíase ata as 13:00 horas do 1 de outubro de 2021.
Matrícula directa en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles ata o día 1 de outubro ás 13:00 horas.
Se non che foi adxudicada unha praza ou non a solicitache previamente, podes matricularte de maneira directa nas prazas vacantes (nº limitado). A matrícula realizarase por orde de chegada, só con acreditar os requisitos de acceso e presentar a documentación que se indica máis abaixo.
Consulta a oferta de ciclos formativos do IES Perdouro agora tamén en modalidade Dual
Documentación a achegar para a matrícula en prazas liberadas:
- Anexo I (solicitude de admisión) cuberto
- DNI ou NIE da persoa solicitante (no seu defecto, pasaporte ou documento da UE)
- Certificación académica acreditativa do requisito de acceso
- Recibo do seguro escolar (pagar 1,12€ en Abanca: IBAN ES13 2080 0183 2430 4000 0260)
- Tarxeta sanitaria
- Tres fotografías tamaño carné
Máis información:
Para máis información contacta co IES Perdouro:
- Teléfono: 982 870 102
- Correo electrónico: ies.perdouro@edu.xunta.gal
- Rúa do Instituto, s/n; 27880 Burela (Lugo)
- GPS: 43.652140, -7.357292
Tamén podes visitar o portal de FP da Consellería de Cultura e Educación