Publicados os calendarios e os formularios de matrícula para ESO e BACHARELATO
Matrícula ESO:
Alumnado que debe matricularse no período ordinario (do 25 de xuño ao 10 de xullo):
- Alumnado de Primaria que accede a 1º curso de ESO
- Alumnado que accede a 2º, 3º ou 4º de ESO despois de promocionar en xuño
A matrícula levarase a cabo de acordo co seguinte calendario e instrucións para a matrícula en ESO
Horario de secretaría: de 9:30 a 13:30 horas.
Formularios de matrícula: 1ºESO, 2ºESO, 2ºESO-PMAR, 3ºESO, 3ºESO-PMAR, 4ºESO
Seguro escolar e NUSS. Ao acceder por primeira vez ao 3º curso de ESO, o alumnado deberá comezar a pagar o Seguro Escolar (1,12 euros por cada ano académico). Na actualidade xa non é necesario que o alumnado dispoña de NUSS (Número da Seguridade Social) para ser beneficiario do seguro escolar. Se o desexa, consulte máis información sobre o seguro escolar.
Matrícula BACHARELATO:
Debe matricularse no período ordinario (do 25 de xuño ao 10 de xullo) o alumnado que accede a 1º ou 2º curso de Bacharelato despois de promocionar en xuño.
A matrícula levarase a cabo de acordo co seguinte calendario e instrucións para a matrícula en Bacharelato
Horario de secretaría: de 9:30 a 13:30 horas.
Formularios de matrícula: 1ºBAC, 2ºBAC
Normativa:
Normativa básica da ESO e o Bacharelato en Galicia
Continuidade entre materias do Bacharelato
Guía da LOMCE: normativa básica e currículos das materias