Nas ligazóns que figuran máis abaixo podes consultar as listaxes de libros de texto (en papel) e material didáctico impreso para o curso 2021-2022.
Aviso: Modificouse a listaxe de 1º de ESO, ao retirar o libro de texto de Inglés.
No curso 2021-2022 o IES Perdouro amplía o Proxecto Edixgal a toda a etapa de ESO, polo que o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO utilizará libros dixitais gratuitos na maior parte das materias.
O Proxecto EDIXGAL consiste, en poucas palabras, en proporcionar aos alumnos e alumnas un ordenador portátil (dispositivos convertibles de 12 pulgadas que funcionan como ordenador ou como tablet) que terán ao seu dispor as 24 horas do día para traballar con recursos dixitais gratuítos (libros dixitais, actividades interactivas, etc.) utilizando metodoloxías activas. Máis información aquí.
Listado libros de texto para a ESO (retirado o libro de texto de Inglés de 1º de ESO)
Listado libros de texto para Bacharelato
Listado libros de texto para FP Básica