Se desexas obter praza nun ciclo formativo de formación profesional para o curso 2021/2022, debes presentar a túa solicitude durante o período ordinario, desde o día 25 de xuño ata as 13h do 5 de xullo (haberá un período extraordinario do 1 ao 9 de setembro para os ciclos formativos de grao medio).
Consulta a oferta de ciclos formativos do IES Perdouro, que en resumo é a seguinte:
- Ciclos medios: Instalacións de telecomunicacións, Mecanizado, Peiteado e cosmética capilar, Xestión administrativa.
- Ciclo superior: Administración e finanzas.
No portal de FP da Consellería de Educación podes consultar a información xeral sobre o proceso de admisión, que inclúe as instrucións xerais e o calendario.
Solicitude: do 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13h
A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario. Logo de realizada, a aplicación informática emite un impreso de solicitude e indícache se debes presentalo na secretaría dun centro con oferta de ciclos formativos de formación profesional e qué documentación terás que achegar. Para realizar a solicitude web accede á aplicación en liña e ás instrucións. Se precisas axuda non dubides en contactar ou acudir á secretaría do IES Perdouro.
Atención á publicación das listaxes
Despois de presentar a solicitude deberás prestar atención ás listaxes que publicará a Consellería:
- Listaxe provisional de solicitudes: día 12 de xullo (reclamación do 12 ao 14 ás 13h)
- Listaxe definitiva de solicitudes: día 20 de xullo
- Listaxe da 1ª adxudicación: día 20 de xullo
Matrícula ou renuncia á praza: do 20 ao 26 de xullo
Publicada a listaxe de adxudicación, deberás acudir á secretaría do centro que che foi adxudicado, do 20 ao 26 de xullo ás 13h, para matricularte ou renunciar á praza co fin de seguir optando ás que solicitache con maior preferencia.
Matrícula directa en prazas liberadas
Máis adiante (a partir do 26 de xullo) liberaranse as prazas vacantes e poderás matricularte directamente, pero dependerá de que existan prazas vacantes.
Máis información
O portal de FP da Consellería de Educación ofréceche toda a información necesaria:
- Oferta de FP en toda Galicia e para todos os réximes
- Folletos informativos sobre as familias profesionais e ciclos
- Instrucións xerais do proceso de admisión
- Calendario do proceso de admisión
- Instrucións para realizar a solicitude web
- Normativa
- Seguimento das listaxes publicadas
- Etc.
Datos de contacto do IES Perdouro:
- Teléfono: 982 870 102
- Correo electrónico: ies.perdouro@edu.xunta.gal
- Rúa do Instituto, s/n; 27880 Burela (Lugo)
- GPS: 43.652140, -7.357292
Oferta educativa de FP no IES Perdouro Folletos informativos: centros onde se imparte a formación profesional inicial, perfís profesionais (competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén, acceso a outros estudos) e información dos centros educativos. |