Skip to Content

Axudas para libros e material escolar e acceso ao Fondo Solidario curso 2021-2022

Está aberto, ata o día 22 de xuño de 2021 (incluído) o prazo para participar na convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/2022

O próximo curso 2021/2022 incorpóranse os cursos de 3º e 4º ESO ao programa E-DIXGAL, polo que todos os cursos de ESO quedan excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda da orde.

Poden consultar a información resumida neste documento informativo.

Prazos de solicitude:

  • Ordinario: desde o día 21 de maio ata o día 22 de xuño de 2021, incluído.
  • Alumnado que estea nas circunstancias especiais (1) ou (2) (ver ao final): Poderá presentar a solicitude no prazo de un mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2022.

Formas de presentación da solicitude:

Máis información: web da Consellería de Educación

(1) O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou a un centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2022.

(2) O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2021/22 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non presentase solicitude para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.



page | by Dr. Radut