Skip to Content

Admisión 2021/2022: Listaxes provisionais de alumnado admitido

Alumnado admitido:

As listaxes de alumnado admitido en ESO e Bacharelato están publicadas no taboleiro de anuncios interior do Instituto, xunto a Secretaría. Todo o alumnado que presentou a súa solicitude dentro do prazo foi admitido, excepto erro ou omisión (recomendamos consultar as listaxes persoalmente ou ben chamando ao centro - 982870102 -)

Acceden ao centro 11 alumnos/as de 1º de ESO, 1 de 3º de ESO e 13 de 1º de Bacharelato.

Prazo de reclamacións ante a dirección do centro: ata o día 30 de abril, incluído.

Publicación das listaxes definitivas: unha vez se resolvan as reclamacións e, en todo caso, antes do día 15 de maio.

Solicitudes presentadas fóra de prazo:

As instancias que se reciban entre o 23 de marzo e o 18 de maio, ambos incluídos, serán consideradas fóra de prazo (Artigos 15, 34 e D.A. primeira da Orde do 12 de marzo de 2013) e perderán o seu dereito de prioridade.

Estas solicitudes enviaranse á Xefatura Territorial de Lugo, que adoptará as medidas necesarias para asegurar a escolarización do alumnado afectado nun centro sostido con fondos públicos que dispoña de prazas vacantes.

Máis información na páxina sobre admisión do alumnado en ESO e Bacharelato, no sitio web do IES Perdouro.



page | by Dr. Radut