ASIGNACIÓN EMPRESA PARA A REALIZACIÓN DA FCT
Para a asignación de empresa aos alumnos que vaian realizar a formación en centros de traballo, seguiranse os seguintes criterios:
1. As alumnas/os que o desexen poden achegar empresa para a realización das súas prácticas. Para elo deben cubrir o formulario de datos de alta da empresa e envíalo ao correo fctiesperdouro@gmail.com
Formulario nova empresa pdf Formulario nova empresa doc
2. O alumnado que non se atope na situación anterior, e proposto para a FCT, ordenarase pola nota media dos módulos avaliados antes da avaliación previa á FCT (incluídos os do primeiro curso) e posteriormente elixirá o centro de traballo entre os dispoñibles na bolsa de empresas do instituto.