Calquera empresa interesada na formación en centros de traballo (FCT), dos nosos alumnos, debe realizar os seguintes trámites:
1. Facerse empresa colaboradora, cubrindo o formulario que se achega, onde se aportan os datos da empresa. Deste xeito a empresa pasa a formar parte da bolsa de empresas do instituto.
Formulario nova empresa pdf Formulario nova empresa doc
2. Solicitar alumnado en prácticas: chamando ao teléfono 982 870102, ou enviando un correo electrónico a fctiesperdouro@gmail.com.
Unha vez inscrita e para que o alumno poda realizar a FCT, subscribirase un convenio entre as partes.
Da tramitación do convenio e do resto da documentación encargarase o centro educativo.
A Consellería de Educación cubrirá posibles accidentes a través dunha póliza de seguros.