O vindeiro sábado 28 de novembro, a Rede de Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (RCSI-USC) celebrará unha nova edición de‘Ciencia Singular’, por primeira vez en liña.
Dende o CiQUS realizouse un esforzo por adaptar o programa presencial de edicións anteriores ao formato virtual, elaborando unha proposta de contidos ao redor das nosas áreas temáticas:
1.- “Conversas cos nosos investigadores” será a sección que permita escoitar de primeira man distintas investigacións que se están desenvolvendo actualmente no CiQUS, a través de charlas en directo cos seus protagonistas:
10.30h. Breve introdución ao mundo molecular: da síntese química á manipulación atómica (Diego Peña Gil)
11.30h Nanomedicina: como fabricar nanoferramentas e os seus usos (Beatriz Pelaz)
12.30h Química computacional contra o SARS- CoV-2: o que o ollo non ve na COVID-19 (Rebeca García-Fandiño)
13.30h Producindo unha vacina contra SARS- Cov2 a partir de ciencia “inútil” (José Manuel Martínez-Costas)
2.- “Infiltrados no laboratorio”, unha serie de vídeos que permitirán adentrarnos nos laboratorios do CiQUS e coñecer os últimos avances na produción dunha vacina contra a COVID-19, a creación de encimas artificiais, odesenvolvemento dunha membrana de grafeno ou sobre orixe mesma da vida.
3.- “ Xogando coa química”, a nosa sección máis lúdica, onde poderán visualizarse distintos experimentos, algúns deles para poder reproducilos na tua casa.
Por último, o sábado estrearemos tamén unha aplicación para a Visita virtual ao CiQUS, sendo posible percorrer distintos laboratorios e espazos do CiQUS mediante un circuíto virtual, dispoñible na web do Centro.
Anímate e participa nestas xornadas.
Atrévete a descubrir, atrévete a crear