Skip to Content

Solicitude de máscaras de protección contra a Covid-19 (alumnado de ESO e E.E.). Prazo ata o 27 de novembro

A Consellería de Educación establece os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado, por medio da Orde do 6 de novembro de 2020.

Alumnado destinatario

Poderá recibir as máscaras o alumnado de ESO e educación especial que:

1. No pasado verán fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar (cheque de 50€)(1) (Este alumnado non ten que presentar a solicitude e recibirá as máscaras directamente).

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar, pero (este alumnado deberá presentar a solicitude):

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de
Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda
da unidade familiar.

Presentación de solicitudes (alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída)

Prazo: ata o venres 27 de novembro

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno/a utilizando o formulario normalizado (anexo I). Achegarase a documentación complementaria que se especifica no artigo 9 da Orde.

Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

Este formulario de solicitude inclúe o Anexo I (solicitude de participación no procedemento de distribución de máscaras) e o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

Listaxes de solicitudes admitidas e excluídas

Publicaranse no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto.

Reclamacións

En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Esta reclamación entenderase resolta coa publicación da listaxe definitiva.


(1) de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/2



page | by Dr. Radut