Publicadas as listaxes provisionais do FONDO SOLIDARIO de libros de texto.
As listaxes de alumnado admitido e excluído están publicadas no taboleiro de anuncios do instituto. Tamén poden consultalas chamando por teléfono (982870102) ou accedendo a www.edu.xunta.es/fondolibros/ con certificado electrónico ou con Chave365.
Reclamacións contra as listaxes provisionais: luns 13 e martes 14 de xullo.
Publicación das listaxes definitivas: 14 de setembro.
A entrega de libros de texto ao alumnado: (por determinar) (*)
O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2020/21, poderá presentar solicitude de participación no prazo de un mes desde a formalización da matrícula.
Banco interno de libros de texto do IES Perdouro
Ademais do Fondo Solidario de Libros de Texto xestionado pola Consellería de Educación, o IES Perdouro organiza un banco de libros interno (particular do centro) destinado ao alumnado de 1º e 2º de ESO (alumnado E-dixgal que non ten dereito ao Fondo Solidario por utilizar libros dixitais gratuítos) e ao alumnado de Bacharelato. Presten atención ás seguintes indicacións:
Alumnado de 1º e 2º ESO (E-dixgal) no curso 2020/2021
Farase un reparto equitativo por alumno dos libros do banco interno. O número de libros entregados dependerá da solidariedade das familias de 1º e 2º de ESO do curso anterior.
Entrega dos libros de texto no centro: (por determinar) (*)
Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato no curso 2019/2020
Para beneficiarse dalgún libro de Bach. para o curso 20-21, as familias terán que presentar o cupón de solicitude en conserxería.
Entrega dos libros de texto no centro: (por determinar) (*)
Máis información:
(*) Lembrarlles que en setembro entregaranse os libros EXCLUSIVAMENTE ao pai/nai/titor legal do alumnado ou no seu defecto a un adulto autorizado.