Skip to Content

Admisión ESO e Bacharelato 2020/2021: publicadas as listaxes definitivas

Alumnado admitido:

As listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido están publicadas nos tabolerios de anuncios do centro educativo. As persoas solicitantes tamén poden consultar en Secretaría o detalle da puntuación recibida no baremo.

Admisión a 1º curso de ESO: resultaron admitidos os 20 alumnos/as solicitantes que figuraban na listaxe provisional.

Ademáis, resultou admitida unha solicitude para 3º curso de ESO e outra para 1º curso de Bacharelato (as únicas recibidas en prazo para estes cursos)

Alumnado non admitido:

Todo o alumnado que presentou a súa solicitude dentro do prazo resultou admitido.

O alumnado que presentou a súa solicitude de admisión fóra do prazo está pendente da resolución da inspección educativa.

Normativa reguladora:

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG 15/03/2013)

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG 01/02/2017)



page | by Dr. Radut