Skip to Content

Aberta a convocatoria para realizar as prácticas de FCT no estranxeiro (Erasmus+)

Convocatoria

Está aberta a convocatoria, dirixida ao alumnado do noso centro, para realizar as prácticas de FCT no estranxeiro neste curso académico 2019/2020 (Programa Erasmus+)

Se estás cursando o segundo ano dun ciclo formativo de grao medio podes presentar a túa solicitude ata o luns 11 de novembro. Información máis detallada no noso blog de Programas Internacionais.

Máis adiante tamén ofreceremos prazas dirixidas a alumnado recén titulado (2018-2019) para realizar as prácticas en calquera momento e tamén ao actual alumnado que está cursando agora 2º de CM para estadías de prácticas no estranxeiro a realizar despois do mes de xuño.

Por qué facer prácticas no estranxeiro?

A globalización dos mercados (tamén do laboral) xa é unha realidade a pé de rúa. Moitas das pequenas empresas dos nosos pobos xa mateñen relacións comerciais con provedores ou clientes de outros países. Esas empresas necesitan persoal con capacidade para viaxar e desenvolverse no estranxeiro, ou cando menos para comunicarse e operar no ámbito internacional, aínda que sexa desde unha oficina en España.

En sintonía con esta nova realidade e cos requirimentos que se lle piden ao traballador de hoxe, as estadías de prácticas no estranxeiro favorecen a empregabilidade das persoas, apórtanlles un conxunto de aptitudes de gran valor, como son as seguintes:

  • Aprendizaxe ou perfeccionamento doutras linguas
  • Madurez e seguridade a nivel persoal e profesional,
  • Capacidade de viaxar e de desenvolverse no estranxeiro
  • Capacidade de resolver problemas da vida real de forma autónoma.
  • Coñecemento e respecto doutras formas de vida e costumes
  • Confianza en si mesmo/a para tomar a decisión de desprazarse a outro país para vivir e traballar.

En definitiva, o feito de incluír no noso currículo unha estadía de prácticas no estranxeiro conleva unha marca de "persoa espabilada e de mundo".

Proxecto Next Station: Improving Professional Skills in Galicia III

Se queres mellorar a túa competencia lingüística, as túas opcións de empregabilidade e perspectivas laborias e persoais, asi como a túa participación máis acitva na sociedade, Erasmus é o teu programa.

Accede o proceso de selección, criterios, calendarios, etc....

 



page | by Dr. Radut