Skip to Content

Fondo Libros: Publicada a listaxe definitiva de admitidos (actualizada a data e instrucións de entrega)

Publicadas as listaxes definitivas do FONDO SOLIDARIO de libros de texto.

As listaxes de alumnado admitido e excluído están publicadas no taboleiro de anuncios interior do instituto. Tamén poden consultalas chamando por teléfono (982870102) ou accedendo a www.edu.xunta.es/fondolibros/ con certificado electrónico ou con Chave365.

A entrega de libros de texto ao alumnado: Luns 21 de setembro (Ver instrucións e horario) (*)

O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2020/21, poderá presentar solicitude de participación no prazo de un mes desde a formalización da matrícula.

Banco interno de libros de texto do IES Perdouro

Ademais do Fondo Solidario de Libros de Texto xestionado pola Consellería de Educación, o IES Perdouro organiza un banco de libros interno (particular do centro) destinado ao alumnado de 1º e 2º de ESO (alumnado E-dixgal que non ten dereito ao Fondo Solidario por utilizar libros dixitais gratuítos) e ao alumnado de Bacharelato. Presten atención ás seguintes indicacións:

Alumnado de 1º e 2º ESO (E-dixgal) no curso 2020/2021

Farase un reparto equitativo por alumno dos libros do banco interno. O número de libros entregados dependerá da solidariedade das familias de 1º e 2º de ESO do curso anterior.

Entrega dos libros de texto no centro: Luns 21 de setembro (Ver instrucións e horario) (*)

Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato no curso 2020/2021

Para beneficiarse dalgún libro de Bach. para o curso 20-21, as familias terán que presentar o cupón de solicitude en conserxería.

Entrega dos libros de texto no centro: Luns 21 de setembro (Ver instrucións e horario) (*)

Máis información:

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021

(*) Lembrarlles que os libros entregaranse EXCLUSIVAMENTE ao pai/nai/titor legal do alumnado ou no seu defecto a un adulto autorizado.



page | by Dr. Radut