A continuación ofrecemos a información necesaria para acceder e/ou matricularse nun ciclo de Formación Profesional Básica, segundo este calendario de admisión e matrícula.
Táboa de contidos do artigo:
1 Alumnado que accede por primeira vez ao ciclo de FP Básica
1.1 Presentación de solicitudes de admisión e matrícula
Prazo: do 1 ao 10 de setembro, ata ás 13 horas
Documentación a presentar:
Solicitude de admisión e matrícula (Anexo I). Presentar unha única solicitude no centro educativo no que se pretenda ser admitido, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais)
Documento de identidade (DNI ou NIE)
Comunicación de incorporación á FP Básica (anexo IV), no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos
Certificado de discapacidade, no caso de que proceda.
1.2 Listaxe provisional de alumnado admitido
Data de publicación: 15 de setembro
Prazo de reclamación á listaxe provisional: 16 e 17 de setembro
Modelo para presentar a reclamación (dispoñible en breve)
Publicación da listaxe definitiva: 18 de setembro.
1.3 Matriculación
Prazo: do 15 ao 22 de setembro
Documentación a presentar:
- Comprobante de pago do Seguro Escolar
(1,12€, Abanca, conta número: IBAN ES13 2080 0183 2430 4000 0260) - Tres fotografías de carné
Docum. complementaria para alumnos que proceden doutro centro:
- Libro de familia
- Tarxeta Sanitaria do alumno/a
2 Alumando que debe repetir 1º curso
2.1 Reserva de praza / matriculación
Prazo: do 1 ao 10 de setembro, ata as 13 horas
Documentación a presentar (amosando o documento de identidade)*:
- Solicitude de admisión e matrícula (Anexo I). Asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais)
- Comprobante de pago do Seguro Escolar
(1,12€, Abanca, conta número: IBAN ES13 2080 0183 2430 4000 0260)
- Dúas fotografías de carné
2.2 Listaxe provisional de alumnado admitido
Data de publicación: 15 de setembro
Prazo de reclamación á listaxe provisional: 16 e 17 de setembro
Modelo para presentar a reclamación (dispoñible en breve)
Publicación da listaxe definitiva: 18 de setembro.
3 Alumnado que se matricula no 2º curso (promociona desde 1º curso ou repite 2º)
3.1 Matriculación
Prazo: do 25 de xuño ao 10 de xullo (preferente) ou do 1 ao 10 de setembro
Documentación a presentar (amosando o documento de identidade)*:
- Solicitude de admisión e matrícula (Anexo I). Asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais)
- Comprobante de pago do Seguro Escolar
(1,12€, Abanca, conta número: IBAN ES13 2080 0183 2430 4000 0260)
- Dúas fotografías de carné
(*) Docum. complementaria para alumnos que proceden doutro centro:
- Documento de identidade (DNI ou NIE)
- Libro de familia
- Tarxeta Sanitaria do alumno/a
- Certificación académica
4 Máis información:
Información sobre FP Básica no portal de FP da Consellería
O Ciclo Básico de Fabricación e Montaxe no IES Perdouro
Calendario resumido do proceso de admisión e matrícula
Normativa sobre FP Básica:
20140915dog_Decreto 107-2014 FP Básica Galicia
DECRETO 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.
20150722dog_Orde 13-07-15_Regula FP Básica Galicia, avaliación, acceso, admisión
ORDE do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.